Thursday 02 de May de 2024

Touro mobilízase pola igualdade con motivo do 8M


Os Concellos de Touro, Boqueixón e Vedra organizan o próximo domingo, 12 de marzo, a Andaina no Camiño da Igualdade, que percorrerá camiños dos tres concellos pola beira do Ulla

Un ano máis o Concello de Touro mobilizase pola igualdade. Con motivo do 8M Día Internacional da Muller e co obxectivo de por en boca de todas e de todos o feminismo e ás mulleres, ao longo de toda a semana vanse realizar actividades para conmemorar o 8 de Marzo. Estas actividades e talleres estarán dirixidos e adaptados a todos os públicos do Concello de Touro, “porque no só queremos reivindicar a presenza das mulleres, senón que tamén pretendemos que a mensaxe chegue a toda á nosa poboación: nenos e nenas, rapaces e rapazas,adultos e adultas e tamén maiores”

Para iso, realizaranse actividades de sensibilización no CPI Fonte Díaz de Touro para todos os cursos, cun taller práctico que consistirá na elaboración de xabóns artesanais onde os máis pequenos aprenderán o valor da igualdade e a importancia do Día Internacional da Muller. Asimemos, o próximo xoves, día 9 de marzo, está prevista a presentación na Casa da Cultura do vídeo Touro, terra de mulleres bravas, onde se valorará a presenza da muller en todos os ámbitos laborais a través da visualización da traxectoria laboral de varias mulleres emprendedoras deste concello.

Falando cos nosos maiores é outra actividade onde esta semana abordarase o tema da igualdade nas diferentes épocas. E tamén,Teatreira. actividade de teatro onde se traballará a igualdade coas persoas maiores.

Andaina pola igualdade

A semana do 8M rematará coa Andaina no camiño da igualdade, prevista para o próximo domingo, día 12 de marzo. Está organizada polos Concellos de Touro, Boqueixón e Vedra. O roteiro percorrerá camiños dos tres concellos pola contorna do Río Ulla. Sairá ás 9.30 horas do Campo da Festa de Bendaña (Touro) e rematará na Ponte de Gundián (Vedra). Nesta actividade gratuita os tres concellos, continuando co noso compromiso de difundir os valores de igualdade e camiñar hacia unha sociedade máis xusta, queren visibilizar ás mulleres importantes do noso tempo que desenvolven a súa labor en diferentes eidos e ámbitos. Ao remate haberá un espazo onde poder compartir sensacións e reflexións á vez que se entregará un picnic aos participantes. Para apuntarse: 679.306.188.